RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GAlEGO DE SERVIZOS DE IGUAlDADE E BENESTAR POlA QUE SE FAI PÚBLICA A L1STAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOlA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2014-2015.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 12-09-2014 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2014-2015.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita Iistaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
- Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2014-2015, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
- Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días naturais a partir do seguinte ao da publicación destas Iistaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantisdegalicia.es e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 18 anteriormente citado.
- As reclamacións poderanse presentar desde o día 20 de setembro ao 29 de setembro inclusive na Escola Infantil en horario de mañá de 10:00 a 12:00 horas e en horario de tarde de 15:00 a 16:00 horas.
- O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a pro posta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a Iistaxe de agarda confeccionadas por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, a 19 de setembro de 2014
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
Pódese descargar a listaxe completa no seguinte vínculo: Lista_provisional_Moranha(1)