Buscar...

Estancias Tiempo Libre para Mujeres

Compartir

DONA. MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza convoca PRAZAS DE ESTADÍAS DE TEMPO LIBRE PARA MULLERES SOAS CON RESPONSABILIDADES FAMILIARES NON COMPARTIDAS.

DATAS DE CELEBRACIÓN: Entre finais do mes de xuño e principios do mes de xullo de 2012.

DURACIÓN: ENTRE 7 E 10 DÍAS EN RÉXIME DE PENSIÓN COMPLETA.

PODERÁN SOLICITAR AS PRAZAS AS MULLERES QUE REÚNAN OS SEGUINTES REQUISITOS:

  • Ter filIas ou fillos exclusivamente ao seu cargo con idades entre os 2 e os 12 anos.
  • Estar domiciliadas na Comunidade Autónoma Galega.
  • Dispoñer dunha renda mensual que non supere o salario mínimo interprofesional.
  • Non padecer ela nin os fillos-as que a acompañen, enfermidade que requira illamento e/ou que impida a normal convivencia.

PRAZO DE SOLICITUDE: As solicitudes deberán presentarse antes do 16 DE MAlO DE 2012, na Oficina Municipal de Servizos Sociais Comunitarios.

Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: ESTADIAS TEMPO LIBRE MULLERES

Deixa un Comentario

Accesibilidad