Buscar...

Programa Benestar Balnearios 2012

Compartir

DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.

FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA BENESTAR EN BALNEARIOS” 2012.
O desenvolvemento do Programa consiste en pasar 10 días con 9 noites durante os meses de XUÑO A NOVEMBRO.

REQUISITOS:
– Ser maior de 65 anos, ou de 60 reunindo a condición de pensionista, na data en que remata o prazo de presentación de solicitudes.
– Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
-Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
– Valerse por si mesmo para as actividades da vida diaria e atoparse en condicións de participar no programa.
-Precisar os tratamentos balneoterápicos solicitados e carecer de contradicación médica para a recepción dos mesmos.
– Ter uns ingresos personais mensuais, prodedentes de pensións ou de calquera outro concepto, inferiores a 763,61€.
– PRAZO DE SOLICITUDES ata o día 10 DE MAlO DE 2012.

Se puede descargar este bando en formato pdf aquí: PROGRAMA BENESTAR BALNEARIOS 2012

Deixa un Comentario

Accesibilidad