Que ante a grave situación que estamos a ver estes días no continente europeo coa masiva afluencia de refuxiados que están a escapar da Guerra de Siria, este concello dirixiuse ás administracións competentes para poñer á súa disposición os medios dos que podemos dispoñer na medida das nosas posibilidades.
Por este motivo, ante unha situación tan grave e excepcional como esta, solicitamos a solidariedade de tod@s os veciños do Concello de Moraña, polo que aquelas persoas que desexen acoller algunha destas familias, ou ben que estean interesados en colaborar de calquera outro xeito, se dirixan con urxencia ás oficinas municipais co obxecto de poñer en coñecemento os recursos dos que se dispón.
Agradecendo a todos a vosa colaboración
Moraña, 16 de setembro de 2015.
Pódese descargar este bando en PDF aquí: REFUXIADOS