Buscar...

Programa Diúrno de Balnearios "Coidarte": 2ª Campaña

Compartir

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Deputación Provincial en colaboración ca Concello de Maraña convoca a concesión de prazas para participar na Segunda Campaña do “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE 2015″.

O desenvolvemento do Programa terá unha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollído:

  • BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 67€
  • SPA OCA SPA MOAÑA: Custo Usuario 45 €
  • THALASO ATLÁNTICO OIA: Custo Usuario 60 €
  • HOTEL VIA ARGENTUM. SILLEDA: Custo Usuario: 25€
  • BALNEARIO HESPERIA ILLA DA lOXA: Custo Usuario:66 €
  • BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 63 €

REQUISITOS:

  • Persoas de 50 ou máis anos.
  • Pensionistas.
  • Situacións de respiro familiar.
  • Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
  • Ter total autonomía para participar no mesmo.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente (DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSIÓN) poderán presentarse ATA O 05 DE OUTUBRO.
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo arde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 39 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: COIDARTE 2ª QUENDA

Deixa un Comentario

Accesibilidad