BANDO
DONA Ma LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Secretaría Xeral de Política Social organiza o PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”- 2012, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, non teñan con quen pasar o Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2012 Ó 1 de xaneiro de 2013.
REQUISITOS:
Ser maior de 65 anos ou pensionista maior de 60.
Residir na Comunidade Autónoma Galega.
Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidade infecto- contaxiosa.
Non presentar trastornos psíquicos ou condutas que poidan alterar a normal convivencia do grupo.
Atoparse só/soa nas datas do Nadal.
Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
Non estar residindo nun centro para persoas maiores.
PRAZO DE SOLICITUDE:
As solicitudes deberán presentarse antes do 5 DE DECEMBRO DE 2012 na Oficina Municipal de Servizos Sociais.
As persoas que desexen máis información e facer as correspondentes solicitudes poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público: luns, martes e xoves de 9:00 a 13:00 horas
O que se comunica para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en pdf no seguinte vínculo: Programa XUNTOS POLO NADAL 2012