O Concello de Moraña quere lembrar que, dende o día de hoxe, están vixentes as seguintes medidas de prevención de coronavirus determinadas pola Xunta de Galicia tras o decreto do estado de emerxencia sanitaria.
❌ Peche de cafeterías, bares e restaurantes agás para os servizos de entrega a domicilio ou recollida no local
✅ Permítese a apertura de supermercados, tendas de alimentación, quioscos e farmacias
❌ Peche do auditorio, centros culturais, pavillón, instalacións deportivas, parques e centros de ocio infantil
❌ Suspensión da actividade comercial a excepción da dos bens de primeira necesidade
❌ Cancelación das feiras
Grazas pola vosa colaboración!
#QuedaNaCasa