Buscar...

LISTA DEFINITIVA DE PERSONAS ADMITIDAS, DE ESPERA Y EXCLUÍDAS DE LA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA EL CURSO 2013-2014

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS, DE AGARDA E EXCLUÍDAS DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2013-2014.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión do 04.10.2013 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2013-2014.

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no
artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1.Facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas, de agarda e excluídas da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2013-2014, por tramos de idade e orde de puntuación segundo o anexo I desta resolución.

2.Establecer o prazo de matrícula do 11 ao 15 de outubro ambos os dous incluídos. A matrícula formalizarase na Escola Infantil de Moraña en horario de mañá de 11:30 a 13:30
horas e de 15:30 a 17:30 horas.

De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas ou non se presentase toda a documentación requirida, decaerá o dereito á praza obtida, segundo establece o artigo 19.4 do dito Regulamento.

Santiago de Compostela, a 10 de outubro de 2013
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Pódese descargar a listaxe no seguinte vínculo: Lista_definitiva_Moranha

Deixa un Comentario

Accesibilidad