NOTA INFORMATIVA
DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA- PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Concello de Moraña, no seu compromiso coa igualdade e especialmente sensible coa loita contra a violencia de xénero, levará
a cabo unha xornada con motivo do día 25 de novembro para a eliminación da violencia de xénero coa participación da psicóloga e avogada do Centro de Información ás Mulleres (CIM) da agrupación de concellos Valga e Moraña. Contaremos coa presenza tamén da Secretaria Xeral de Igualdade.
DATA: 25 de novembro de 2014
HORA: 11:00 horas
LUGAR: Casa da Cultura A.O.R. Castelo -Santa Lucía.
O que sea fai público para xeral coñecemento.