DONA. MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Política Social organiza o “PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL 2015”, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas do Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2015 ó 2 de xaneiro de 2016.
REQUISITOS:
As persoas participantes que teñan uns ingresos inferiores ao IPREM (532,51 euros/mes), asistirán de forma gratuita ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pagamento da estadía coa achega de 50 €. Os gastos de desprazamento serán por conta da persoa participante, dende o domicilio ata os lugares de saída.
PRAZO DE SOLICiTUDE:
As solicitudes deberán presentarse antes do 20 DE NOVEMBRO DE 2015 nos Servizos Sociais do Concello.
Tódalas persoas que desexen máis información e face-las correspondentes solicitudes, poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
Moraña, a 9 de Novembro de 2015.
A Alcaldesa
Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: BANDO XUNTOS POLO NADAL