DONA M° LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORANA.
INFORMA:
Que a Excelentísima Deputación Provincial de Pontevedra sacou as bases para a programación dos Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe para o ano 2016. As persoas destinatarias deste programa serán rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio habitual no concello no que se solicita praza e nacidos entre os anos 2002 e 2009, ambos os dous incluídos.
As datas das quendas dos campamentos serán:
As actividades, entre outras, serán as seguintes:
O prezo por neno -a será de 125€.
O prazo de presentación de solicitudes e documentación será ata o día 15 de abril de 2016, no Rexistro xeral da Deputación Provincial de Pontevedra.
Para máis información poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario do Concello, en horario de 9:00 a 13:00.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: BANDO CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS