Buscar...

Ayudas para Taxis

Compartir

Dª. María Luisa Piñeiro Arcos, Alcaldesa-Presidenta do Concello de Moraña
FAI SABER:

Que a Consellería do Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Xunta de Galicia) convocou axudas para os titulares de autorizacións de transporte serie VT_N (taxis) para instalar sistemas de seguranza, información, cobramento e localización nos seus vehículos para o ano 2012.

BENEFICIARIOS:
Titulares de autorizacións administrativas de transporte vixentes, documentadas en tarxetas da serie VT-N, expedidas pola Dirección Xeral de Mobilidade ou polos servizos de mobilidade competentes para o efecto. As autorizacións terán que estar domiciliadas en Galicia e estar vixentes no momento de presentación da solicitude. Xerará dereito á axuda cada unha das autorizacións das que sexa titular o solicitante.

OBXECTO DA SUBVENCIÓN:

  • SISTEMA GPS homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
  • TAXÍMETRO CON IMPRESORA E TPV para o cobramento con tarxetas compatible cun sistema GPS que debe estar homologado no Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia.
  • SISTEMA DE CONTROL DE FROTAS con elementos de xestión, localización e control por satélite que estean conectados a un centro de control a través da tecnoloxía GPS. A adquisición efectiva e pagamento dos sistemas para os que se solicita a axuda deberá realizarse no ano 2012

CONTÍA DA AXUDA: Os equipamentos previstos nas bases poderán acadar unha axuda económica máxima do 50% do custo de cada un deles individualmente considerado. Incluirase tanto o prezo do equipamento como os gastos de colocación, man de obra, equipamento adicional necesario e verificación do seu funcionamento. Non se considera subvencionable o importe pagado en concepto de IVE e outros impostas indirectos.

Importes máximos subvencionables: Sistema GPS (500 €), Taxímetro con impresora e TPV (500€) e sistema de control de frotas (500€)

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 20 DE XULLO DE 2012.
Información e Asesoramento no Concello de Moraña: 986 553 005

Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: Axudas para taxis

Deixa un Comentario

Seguinte

Accesibilidad