Buscar...

Visita del Alumnado del Obradoiro de Emprego Xóvenes a Extrugasa

Compartir

O alumnado do obradoiro de emprego Xóvenes Moraña – Valga asisten a unha visita formativa a empresa Extrugasa en Valga.

O alumando do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga pertencente ós concellos de Moraña e Valga acompañados polo docente de forestais e a directora, asistiron a unha visita a empresa Extrugasa en Valga. Na cal Andrés Quintá, o presidente do grupo Quintá, explicou a súa traxectoria profesional dende os orixes da empresa familiar. Así mesmo animou o alumnado a traballar, dicindo que con esforzo e traballo todo se consegue na vida.
Logo realizouse unha visita guiada polos diferentes procesos de produción da empresa, onde foron explicándonos as distintas fases do extorsionado de aluminio.


Asemade os alumnos cubriron a ficha de solicitude de posto de traballo, á cal acompañaron o currículo que se lle fixo no obradoiro.
Dende a dirección do obradoiro, conxuntamente cos concellos de Moraña e Valga estase a traballar na futura inserción laboral do alumnado, realizando así contactos con diferentes empresas da comarca e entregándolle os currículos dos participantes no obradoiro.
O obradoiro de emprego iniciou o 14 de novembro de 2020 ten unha duración de 12 meses e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe d 91,89 % no programa operativo 2014 – 2020

Valga, 23.09.2021

Seguinte

Accesibilidad