Buscar...

Día Mundial da Saúde

Compartir

Hoxe, 7 de abril, conmemórase o DÍA Mundial da Saúde. Este ano 2024, a Organización Mundial da Saúde (OMS), centra as reivindicacións no lema “A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO”, como forma de sensibilizar á poboación sobre a ameaza para a saúde que supoñen os conflitos bélicos.

Dende o Concello de Moraña, dentro do Proxecto de prevención das condutas adictivas, sumámonos á OMS para reivindicar a importancia da saúde e da asistencia médica universal. Para iso, convidámosvos a ler o Manifesto do Día Mundial da saúde que se adxunta nesta entrada, así como a participar no xogo “Canto sabes sobre a saúde?”, baseado no famoso programa de televisión PASAPALABRA, co que poder reflexionar e recordar hábitos e estilos de vida saudables.”

Clica na imaxe para comezar o xogo!

 

MANIFESTO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE2024
Accesibilidad