Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña aprobou a concesión do “Obradoiro lúdico-termal para persoas con discapacidade motora de calquera etioloxía” subvencionada ao abeiro do Plan Concellos 2020- LIÑA 2.
O Obradoiro consistirá na realización dun circuíto lúdico-termal a través dos baños nas piscinas termais, como medida preventiva e paliativa co fin de mellorar a calidade de vida, autonomía e mobilidade das persoas residentes no Concello de Moraña que presentan algún tipo de deficiencia motora de calquera etioloxía.
REQUISITOS:
– Estar empadroado e ter residencia efectiva no Concello de Moraña.
– Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33% con baremo de mobilidade e/ou axuda a terceira persoa.
– Non padecer enfermidades incompatibles coa actividade do obradoiro.
– Carecer de contradición médica para poder recibir os tratamentos de balneario.
– Non ser beneficiario de programas similares.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
– DNI
– CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE.
– CERTIFICADO DE EMPADROAMENTO.
O obradoiro terá carácter gratuíto e será levado a cabo nas Termas de Cuntis durante o mes de outubro de 2020, pola tarde en horario de 17 a 19 horas.
A participación no Obradoiro será polo baremo de mobilidade e/ou axuda de terceira persoa recoñecido e en orde de presentación de solicitudes ata acadar o número de prazas total concedidas. Priorizando a aquelas persoas que non participaran anteriormente neste Obradoiro.
Os interesados/as deberán entregar as solicitudes xunto coa documentación correspondente no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Moraña.
O PERÍODO DE INSCRICIÓN COMEZA O 10 DE AGOSTO E REMATARÁ O 27 DE AGOSTO DE 2020.
Pódese descargar este Bando en formato PDF aquí: 20200731_Publicación_Bando_BANDO OBRADOIRO LÚDICO- TERMAL
Síguenos en las Redes Sociales