Buscar...

Resolución de la Gerencia del Consorcio por la que se regula el procedimiento de adjudicación de plazas en las escuelas infantiles 0-3 para el curso 2014/2015

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE REGULA O PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS NAS ESCOlAS INFANTÍS 0-3 DEPENDENTES DESTA ENTIDADE PARA O CURSO 2014/2015
A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais, inclúe, no seu artigo 3°.e), como un dos obxectivos do sistema galego de servizos sociais, proporcionar oportunidades e recursos que garantan a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral e, no artigo 3°.i), garantir o apoio ás familias como marco de referencia no que se desenvolven as persoas.
O Consorcio ten como misión primordial a participación na dirección, avaliación e control da xestión dos servizos sociais de ámbito local, con especial atención na xestión integral das escolas infantís e na atención educativa e asistencial aos nenos e nenas menores de tres anos na forma de recursos, equipamentos, proxectos, programas e prestacións, e no ámbito territorial dos municipios que o compoñen, co obxecto de garantir o acceso de todos os galegos e galegas a uns servizos sociais públicos de calidade, a través dunha oferta de recursos suficiente e equilibrada territorialmente, que contribúa a reforzar a igualdade de oportunidades na utilización da rede social de atención, segundo o disposto no artigo 6 dos estatutos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
Conforme ao exposto,
RESOLVO
Artigo 1.0bxecto
A presente resolución ten por obxecto regular o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia “A Galiña Azul” para o curso 2014/2015.
A relación das escolas infantís xestionadas polo Consorcio xunto cos seus enderezos e horarios de apertura publicarase nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.

Artigo 2. Requisitos para ser adxudicataria/o.
Serán requisitos imprescindibles para ser adxudicataria/o de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas polo Consorcio:
Que ato nena/o estea nada/o no momento da presentación da solicitude
Que teña unha idade mínima de tres meses no momento do ingreso
Que non teña cumpridos os tres anos de idade ao 31 de decembro de 2014.
Non obstante, poderá eximirse do límite de idade dos 3 anos ás nenas e aos nenos con necesidades específicas de apoio educativo, logo da emisión do ditame do equipo de orientación específica da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria correspondente, a petición das/os nais/pais ou representantes legais e a través do centro de educación infantil onde soliciten a praza.
Neste sentido, a escola infantil 0-3, na que se escolariza a alumna ou o alumno, roporcionará á familia a información e orientación necesarias sobre o procede mento a seguir nestes casos.
Para a renovación de praza é requisito imprescindible estar ao corrente no pagamento dos prezos públicos mensuais na data de presentación da solicitude.

Artigo 3. Criterios de prioridade para a adxudicación das prazas
As prazas vacantes nas Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio adxudicaranse pola seguinte orde:
Renovación de praza:
As nenas e os nenos escolarizadas/os durante o curso 2013/2014 terán dereito á renovación automática da súa praza sempre que reúnan os requisitos establecidos no artigo 2, e sempre que estiveran matriculadas/os no presente curso con anterioridade ao 31 de xaneiro de 2014, tal e como se recolle no artigo 14.2.a do RRI.
As persoas usuarias de media xornada só poderán variar o horario establecido na súa solicitude, de haber prazas vacantes no horario solicitado. De haberen máis solicitudes que prazas vacantes, a adxudicación de prazas na nova franxa horaria farase en función da orde de puntuación acadada no proceso de baremación polo que se incorporou á escola segundo o recollido no artigo 15.A do RRI.
Nos concellos onde exista máis dunha escola caberá a posibilidade de solicitar a renovación de praza nunha escola distinta a aquela na que está a crianza, causando baixa para o seguinte curso na escola de procedencia, de ser admitida a dita renovación, tal e como establece o artigo 14.2.A.a do RRI.
Novo ingreso:

As prazas adxudicaranse pola seguinte orde:

  • 1°. As/os filias/os do persoal que preste servizo na escola para a que solicitan praza.
  • 2°. As persoas solicitantes con irmán ou irmá con praza no centro para o que solicitan a praza (renovada ou de novo ingreso).
  • 3°. As/os menores con medidas administrativas de tutela ou garda en situación de acollemento familiar
  • 4°. As prazas vacantes serán adxudicadas ás persoas solicitantes segundo a puntuación obtida pola aplicación do baremo que figura no anexo V. Esta puntuación determinará a orde de prelación na adxudicación das prazas dentro dos criterios de prioridade para adxudicación de prazas previstos no artigo 14.1 do Regulamento de réxime interno das Escolas lnfantís xestionadas polo Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Solicitudes fóra de prazo
Excepcionalmente poderanse presentar solicitudes fóra do prazo sinalado no artigo 6 desta resolución, nos seguintes casos:

a) Nacemento, acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes
b) Cambio de concello de residencia da unidade familiar
c) Outras circunstancias que motivada mente aprecie a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.
As solicitudes presentadas fóra de prazo deberán ir acompañadas coa xustificación acreditativa da circunstancia que as motiva. Así mesmo, estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles para o grupo de idade do neno ou da nena no centro onde se solicita a praza.

Artigo 4. Horario e calendario das escolas.
Horario:
O horario das escolas infantís xestionadas polo Consorcio será o establecido na relación de escolas que ofertan prazas para o curso 2014/2015, publicada nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
A franxa horaria poderá ser reducida no horario do peche establecido cando a ratio de crianzas no centro sexa inferior ao 10% do número de prazas da escola, excluídas aquelas xornadas por quendas.
Cando así fose, a Xerencia do Consorcio, un ha vez analizadas as solicitudes, determinará o horario de peche en función do número mínimo de usuarios/as que o demande. As escolas con horario de peche establecido por riba das 18.00 horas manterán o mesmo de haber demanda suficiente para manter unha unidade internivelar (15 nenas/os).
En ningún caso ato última/o nena/o que sexa recollida/o en último lugar non poderá exceder a súa permanencia na escola máis alá de 30 minutos despois da saída do resto das crianzas.
Calendario
O curso dará comezo o día xoves 4 de setembro.
As escolas permanecerán abertas de luns a venres, excluídos os días considerados festivos no calendario laboral e os días 24 e 31 de decembro.
O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de once meses dentro do período de setembro a agosto do curso 2014/2015.
En casos excepcionais debidamente xustificados poderase admitir a asistencia do neno ou da nena durante os 12 meses do ano.
As escolas permanecerán pechadas con carácter xeral no mes de agosto.

Artigo 5. Solicitudes e documentación.
As persoas interesadas poderán solicitar praza do seguinte xeito:
1. Renovación automática de praza
Para a renovación automática das prazas do alumnado escolarizado durante o curso 2013/2014, presentarase o modelo oficial segundo o anexo VI desta resolución, debidamente cumprimentado e asinado, que estará dispoñible nos enderezos electrónicos http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net, así como nas propias escolas infantís 0-3.
A sinatura deste documento comporta a autorización ao Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar para obter da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) os datos de carácter tributario necesarios para o cálculo da renda da unidade familiar.
Xunto co documento anterior, a persoa interesada achegará a autorización do cónxuxe ou parella de acordo co anexo 11 desta resolución, para que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar solicite, así mesmo, da AEAT os datos de carácter tributario necesarios para o dito cálculo.
No caso de non prestar estas autorizacións, a persoa interesada achegará, xunto coa solicitude, copia cotexada das declaracións do IRPF ou, de ser o caso, certificado emitido pola AEAT relativo ao ano 2012.
Así mesmo, no caso de producírense cambios que afecten á unidade familiar e que poidan incidir no cálculo da renda desta, a persoa interesada achegará, dentro do mesmo prazo, aqueles documentos que os acrediten ou xustifiquen.
Novo ingreso
Para as solicitudes de novo ingreso presentarase o modelo oficial segundo o anexo I desta resolución. No caso daqueles concellos onde exista máis dunha escola poderase solicitar praza nunha ou máis escolas, indicando a orde de preferencia de centro na solicitude, en tanto o permita o número de prazas ofertadas e a puntuación acadada tras o baremo. O Consorcio non estará vinculado polos criterios de preferencia sinalados na solicitude.
Os impresos estarán dispoñibles nos enderezos electrónicos http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net e facilitaranse nos propios centros nos que se solicite praza.
Todas as persoas solicitantes achegarán xunto coa solicitude a xustificación dos seus ingresos da seguinte maneira:
A presentación da solicitude comportará a autorización ao Consorcio Galego de Servizos de 19ualdade e Benestar para obter da AEAT os datos de carácter tributario necesarios para a determinación da renda da unidade familiar. Para estes efectos todos os membros con ingresos, que compoñen a unidade familiar, deberán presentar o anexo 11 debidamente cuberto e asinado. No caso de non prestar autorización a persoa interesada achegará, xunto coa solicitude, copia cotexada da declaración do IRPF ou, no seu caso, certificado emitido pola AEAT relativo ao ano 2012.
Cando se produzan causas sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, poderán presentarse outros documentos que acrediten oficialmente a situación económica, sempre e cando as variacións de ingresos supoñan unha diminución ou incremento de máis do 20% no cómputo anual fronte aos que figuren na declaración do IRPF correspondente ao ano 2012, variacións que deberán ter un ha duración mínima de 4 meses para ser tomadas en consideración.
A. Xunto coa solicitude achegarase ademais a seguinte documentación:
Copia simple do DNI ou outro documento acreditativo da identidade da persoa solicitante.
Copia cotexada ou dixitalizada do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
c) O título de familia numerosa.
Certificado de empadroamento da crianza e dun dos proxenitores ou representante legal que será expedido polo concello no que residan (con efectos dende o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes).
Nos casos de non estar censado no concello onde estea a escola, pero algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teñan os seus postos de traballo no municipio en que se localice aquela, achegarase o certificado da empresa ou da institución correspondente.
Xustificación de ocupación actualizada (copia da última nómina, certificación de empresa ou vida laboral, no caso de traballadoras/es por conta allea; copia do último recibo de pagamento da cota á Seguridade Social no Réxime Especial de Traballadores por conta propia, ou certificado da correspondente mutualidade, para o caso de persoas traballadoras por conta propia ou autónomas.)
Certificación de ser demandante de emprego (con efectos dende o día anterior ao comezo do prazo de presentación de solicitudes) da nai, do pai, da titora ou titor legal o do acoJledor ou acolledora.
No caso de tratarse de persoas perceptoras da Renda de Integración Social de Galicia (RISGA), esta circunstancia será comprobada de oficio pola Administración.
Nos seguintes supostos que poidan afectar ás familias poderase achegar a seguinte documentación:
Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia do neno ou nena, se é o caso, e informe dos servizos especializados na materia sobre a necesidade de integración na escola infantil do neno ou da nena para a que o/a se solicita praza se é o caso.
b) No caso de familias acolledoras, copia da resolución administrativa de acollemento.
Se procede, outros documentos nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:
Informe dos servizos sociais do concello correspondente para acreditar as responsabilidades familiares no caso de que existan membros que, non formando parte da unidade familiar, estean a cargo dela.
Certificado de discapacidade ou do grao e nivel de dependencia da nai, do pai, do acolledor ou acolledora, do titor ou titora legal e/ou outros membros da unidade familiar
Informe médico expedido polos servizos públicos de saúde, no caso de enfermidades crónicas ou outras afeccións dos membros da unidade familiar.
Copia cotexada do libro de familia, certificado de convivencia e sentenza de separación, divorcio ou resolución de medidas paterno – filiais, no caso de familia monoparental. Enténdese por familia monoparental a unidade familiar formada por unha única persoa proxenitora que non conviva con outra persoa coa cal manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que a outra persoa proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
Informe dos servizos sociais do concello correspondente, no caso de ausencia do fogar familiar de ambos os dous membros parentais
d) Acreditación da condición de muller vítima de violencia de xénero mediante calquera dos seguintes documentos:
Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero.
Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
Certificación dos Servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local. Informe do Ministerio Fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social
e) Certificado de empadroamento da unidade familiar expedido polo concello correspondente no cal se fará constar a data de alta no padrón municipal de habitantes que, en todo caso, deberá ser anterior ao 1 de xaneiro do ano en que se solicite a praza, nos supostos de escolas infantís situadas en concellos limítrofes con outras comunidades autónomas.
De carecer de acreditación documental dalgunha das circunstancias alegadas neste apartado, poderase presentar informe dos servizos sociais do concello correspondente.
A falta de presentación dalgún destes documentos dentro do prazo de solicitude e de emenda establecido suporá a renuncia implícita a ser valorado no apartado correspondente do baremo aplicable que se recolle no anexo V.
As persoas interesadas en participar no programa Cheque Infantil, dirixido a aqueles e aquelas solicitantes que non obteñan praza en ningunha das escolas solicitadas, deberán cubrir o apartado correspondente no anexo I desta resolución e ademais presentar:
a) Declaración de non percibir outras axudas para o mesmo concepto, ou de percibilas coa indicación da súa contía (anexo 111).
Declaración responsable de estar ao día nas obrigas tributarias e coa Comunidade Autónoma, non ter débedas por resolución de procedencia de reintegro e de estar ao día coa Seguridade Social (anexo IV).

Artigo 6. Lugar e prazo de presentación das solicitudes.
As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso deberán presentarse en soporte papel na propia escola infantil, ou por calquera dos medios establecidos no artigo 38.40 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede mento administrativo común, en diante LRX-PAC.
No suposto de renovación de praza no que se solicite unha escola distinta a aquela na que estea matriculada ato nena/o, a solicitude presentarase nesta escola, indicando o centro para o que solicita a renovación de praza. Isto será de aplicación cando se trate de escolas nun mesmo concello de conformidade co previsto no artigo 14.2 A) do Regulamento de réxime interno das Escolas Infantís xestionadas polo Consorcio.
En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á de peche da convocatoria.
2. O prazo para a presentación das solicitudes de novo ingreso será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil entenderase prorrogado ao seguinte día hábil e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
Excepcionalmente poderanse presentar solicitudes fora do prazo sinalado nos casos previstos no artigo 3.C.

Artigo 7. Tramitación e avaliación das solicitudes. Publicación das listaxes provisionais e reclamacións.
As Direccións que xestionen este procedemento comprobarán que as solicitudes reúnen os requisitos recollidos nesta resolución.
De non ser así, requirirase á persoa interesada para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, con indicación de que, se non o fixera así, de acordo co artigo 71. 1 da LRX-PAC, se terá por desistido da súa petición.
Na tramitación das solicitudes estarase ao previsto nos artigos 15 e 17 do Regulamento de Réxime Interior, sendo que a selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo o baremo establecido no anexo V. No caso de obter igual puntuación, terán preferencia en primeiro lugar as solicitudes de xornada completa con servizo de comedor e despois da aplicación deste criterio daráselle prioridade á renda per cápita máis baixa.
A relación provisional de persoas admitidas e lista de agarda coas puntuacións obtidas farase pública o día 2 de maio e poderase consultar na escola infantil, así como nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
As/os solicitantes poderán efectuar as reclamacións que consideren oportunas no prazo dos dez días naturais posteriores á data da exposición pública da relación provisional.
Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da lista definitiva.

Artigo 8. Relación definitiva de adxudicatarias/os de praza.
A relación definitiva coa puntuación poderase consultar desde o día 27 de maio nas escolas infantís así como nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e hUp:l/www.escolasinfantis.net.
Na relación definitiva de admitidas/os e Iistaxe de agarda estarán incluídas as solicitudes presentadas fóra de prazo con xustificación que teñan entrada con anterioridade á data de publicación da relación provisional de admitidas/os.
Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante á Presidencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da publicación da resolución da Xerencia do Consorcio pola que se fan públicas as listas definitivas de persoas admitidas e de agarda nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
As persoas solicitantes que estean admitidas disporán dende o día 28 de maio ata o día 10 de xuño, ambos os dous incluídos, para matricularse presentando no centro onde obtivesen praza o impreso de matrícula debidamente cuberto xunto coa documentación prevista no artigo 19 do RRI.
O impreso de matrícula facilitarase nos propios centros, así como nas páxinas web http://www.igualdadebenestar.org e http://www.escolasinfantis.net.
A formalización da matrícula no prazo sinalado é imprescindible para confirmar a praza. Se non se realiza a matrícula da/o nena/o no prazo sinalado, considérase decaída/o na súa solicitude.
As persoas solicitantes con praza concedida que renuncien a esta quedarán excluídas de calquera outra praza pública das escolas infantís da Xunta de Galicia.
Cada alumna/o só poderá ser adxudicataria/o dunha praza pública de escola infantil da Xunta.

Artigo 9. Listaxe de agarda e cobertura das prazas vacantes.
Na xestión da listaxe de agarda e cobertura das prazas vacantes estarase ao previsto no artigo 21 do RRI.
o alumnado integrante da Iistaxe de agarda, que se inscriba como candidato ao programa Cheque Infantil, será excluído dela ao concedérselle a axuda para a praza participada por este programa, aínda no caso de que renuncien a ela, agás no suposto de que no momento da tramitación da concesión do cheque se produciran vacantes nalgún dos centros solicitados e non existira lista de espera neles.

Artigo 10. Prezos públicos da Resolución do Consorcio
Para o curso escolar 2014/2015 será de aplicación o Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.
Disposición adicional primeira
Na Escola Infantil da Laracha, por mor das obras de ampliación e remodelación que se levarán a cabo nas actuais instalacións da escola o que permitirá que se aumenten o número de unidades do centro, ata un total de oito, as/os solicitantes de praza por novo ingreso, non terán garantido o momento de inicio do curso na data prevista no artigo 4.2 da presente resolución, ao igual que no resto das escolas da Rede.

Os alumnos da escola da Laracha que renovan automaticamente a súa praza neste curso para o vindeiro 2014/2015, si terán garantida a súa incorporación con data 4 de setembro, salvo por causa de forza maior que o impedise.

Disposición adicional segunda

A nova Escola Infantil de Ferrol – Esteiro, iniciará o curso na data que se comunique con posterioridade ao momento da matrícula das/os nenas/os, en función da marcha das obras, e dos prazos que deberán terse en conta para a debida posta en marcha dun centro de nova apertura. A matrícula deste centro formalizarase na Escola Infantil de Ferrol – Caranza no horario exposto na relación que se publica xunto con esta resolución.

Disposición derradeira

A presente resolución entrará en vigor ao día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia polo que se fai pública a resolución da Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 dependentes desta entidade para o curso 2014/2015.
 
PÓDESE DESCARGAR TODA A INFORMACIÓN E DOCUMENTACIÓN AQUÍ:

Deixa un Comentario

Accesibilidad