A Consellería de Medio Rural prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares en Galicia.
Só quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o Servizo de prevención e defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e que dispoñen dos medios de extinción precisos.
De momento, non se darán máis permisos e os xa concedidos están en suspenso.
Como informan dende a Consellería, a decisión tomouse tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados polo miúdo os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.
Síguenos en las Redes Sociales