Presentamos a continuación todo el programa de actividades y programación para la celebración de la Festa do Carneiro 2013.
10:00 Horas. XOGANDO EN FAMILIA
No Pavillón Municipal. Poderás xogar a fútbol, tenis, bádminton, baloncesto, tenis de mesa ou practicar atletismo, patinaxe, artes marciais …
Deberás inscribirte na Biblioteca antes do venres 5 de xullo.
18:30 Horas. PARTIDO DE HORSEBALL
Organizado pola Asociación Ecuestre Cultural de Moraña. Na explanada situada detrás da Praza de Abastos, teremos un partido amistoso de horseball entre a Asociación Ecuestre Cultural de Moraña e Cabaleiros do Salnés,
18:00 Horas. MORAÑA DE CINE
Animádevos a participar, aprenderedes como se fai un ha curta que logo proxectaremos na Casa de Cultura. Realizarase do 8 ó 13 de xullo, para persoas a partir de 15 anos. Temos límite de prazas, os participantes serán admitidos por orde de inscrición.
Para inscribirse, debedes facelo na Biblioteca ata o día 5 de xullo.
20:00 Horas. OBRADOIRO DE RECIClAXE CREATIVA
Se tes pola casa roupa vella ou bolsas de plástico que non sabes que facer con elas, inscríbete neste obradoiro e en tres sesións poñerás en valor todas esas causas. Para persoas maiores de 16 anos. Prazas limitadas. Para inscribirse, debedes facelo na Biblioteca ata o día 5 de xullo.
18:00 Horas. RECICREANDO
Neste obradoiro, os nenos de 6 a 15 anos aprenderán a reutilizar cousas que normalmente tiramos. Serán dúas sesións e hai límite de prazas. Se queres máis información ou inscribirte chama á Biblioteca ata o día 7 de xullo.
20:00 Horas. ESPÉTALLE UN PINCHO CONCURSO GASTRONÓMICO DO CARNEIRO
Neste concurso poderán participar todos os hostaleiros de Maraña, Para amenizar o concurso teremos a actuación musical de As Bruxas do Noroeste.
22:00 Horas. ACTUACIÓN DA MONOLOGUISTA ISABEL RISCO
Outro ano máis o Concello volve apostar polos espectáculos cargados de humor e ironía,
A coñecida actriz Isabel Risco será este ano a encargada de facernos pasar unha sesión de diversión e entretemento co seu espectáculo Nabiza Girl, na Casa de Cultura A.D.R. Castelao.
20:00 Horas. XOGOS BAILADOS “PARA CANTAR E BAILAR”
Para nenas e nenas a partir de tres anos. A cargo de Luis Prego e organizado pola Asociación Cultural Seixebra. Na Casa de Cultura A,D.R, Castelao. Inscribirse na Biblioteca ata o día 16 de xullo.
17:00 Horas. OBRADOIRO DE DEPORTES CON RAQUETA
Se tes entre 6 e 15 anos, achégate ó Pavillón Municipal e poderás practicar un destes deportes: tenis, bádminton, tenis de mesa .. ,
Para participar neste obradoiro, organizado pala ADC Espeto, inscríbete na Biblioteca ata o día 17 de xullo.
11 :30 Horas. CAMPIONATO DE NATACIÓN
A Piscina Municipal será o escenario en que se levará a cabo o tradicional campionato de natación no que poderedes participar nas distintas modalidades.
Podedes inscribirvos ata ese mesmo día.
22:00 Horas. TEATRO
Os membros da Aula de Teatro do Concello de Moraña representarán, na Casa de Cultura A.D.R. Castelao, a obra O Porqué do Amor.
Entrada gratuíta, Obra non recomendada para menores de 13 anos.
10:30 Horas. CARREIRA CARNEIRO Ó ESPETO
O Club Atletismo +9 Moraña organiza a Carreira Carneiro ó Espeto, que terá a saída na Rúa 5 de Santa Lucía.
Haberá agasallos para os participantes e trofeos para os tres primeiros de cada categoría.
20:00 Horas. FESTIVAL FOLCLÓRICO
A música tradicional será a principal protagonista deste evento, organizado polo grupo local de Música e Baile Tradicional Seixebra, que compartirá o escenario do patio traseiro da Casa de Cultura cos grupos Airiños de San Xullán de Marín e A.C,D. Tordoya de Ginebra.
20:00 Horas. ACTUACIÓN NOVO CIRCO
No patio traseiro da Casa de Cultura teremos a actuación de Os Sete. Magníficos +1 co seu espectáculo Dous Pallasos en Máis Apuros. Animádevos a vir que seguro o pasaredes ben.
16:00 Horas. FESTA ACUÁTICA
A Piscina Municipal será o escenario dunha tarde de xogos, teremos inchables de auga, xincanas deportivas, xogos cooperativos …
20:30 Horas. AQUAGYM
Todas as persoas a partir de 16 anos que queirades disfrutar facendo deporte cunha sesión de aquagym, achegádevos á piscina ás 20:30 horas.
20:30 Horas. MASTERCLASS DE ZUMBA
Para todas aquelas persoas que queirades iniciarvos na zumba, teredes oportunidade de facelo no Ximnasio Municipal.
DEGUSTACiÓN GASTRONÓMICA DE CARNEIRO
A partir das 21 :00 horas os bares participantes no concurso gastronómico Espétate un Pincho ofreceranlles ós seus clientes unha degustación dos pinchos cos que participaron no concurso da semana pasada.
16:00 Horas. FINAIS DO XVII TORNEO DE TENIS
Este día xogaranse as finais das distintas categorías do torneo no Pavillón Municipal dos Deportes. Os partidos, como xa vén sendo habitual, celebraranse durante todo o mes de xullo.
10:00 Horas. XIII TORNEO DE BÁSQUET 3X3
Organizado poi a Asociación Deportiva e Cultural Espeto, faremos un dos torneos máis importantes de Galicia, que acada a décimo terceira edición. Visitarán Moraña xogadores chegados dende as catro provincias, outras comunidades e norte de Portugal.
O torneo é moito máis que baloncesto: comida na Carballeira de Santa Lucía, concursos (mates e triplos), sorteos de roupa deportiva, videoxogos., ..
23:00 Horas. VERBENA NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA coa actuación das orquestras:
MAGOS DE ESPAÑA e COSTA OESTE
11:00 Horas. MORAÑA COA VOLTA
A Festa da Bicicleta foi sempre unha das actividades con máis arraigamento entre os veciños de Moraña e de concellos limítrofes. Por iso, a Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados da Banda de Música Nova lira de Maraña, para logo visitar distintos lugares do noso concello.
Haberá camisetas para todos os que participedes; ademais darémoslle un , agasallo especial para o participante de maior idade, para a familia máis numerosa e para a bicicleta máis orixinal.
13:00 Horas. FEIRA DE ARTESANÍA
O Concello de Moraña organiza unha Feira de Artesania. na que artesáns de Moraña e outros concellos poderán amosar os seus traballos. A feira será o sábado e o domingo.
23:00 Horas. GRAN GALA CARNEIRO Ó ESPETO NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA
Coas actuacións de:
LUIS EMILIO BATALLÁN
SORAYA
LA DÉCADA PRODIGIOSA
ROBERT RAMÍREZ
LUME DE CARBALLO
As 07:00 horas terá lugar o prendido do lume para o asado dos Carneiros ó Espeto.
De 10:00 a 14:00 Horas. Pasacalles e actuación da AGRUPACIÓN DE BAILE TRADICIONAL E GRUPO DE PANDEIRETEIRAS SEIXEBRA de Moraña
A animación de rúa correrá a cargo da Charanga OS ENCERELLADOS
14:00 Horas. ASIGNACiÓN DE LOTES
14:30 Horas. EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO Sobremesa amenizada pola Charanga OS ENCERELLADOS. A continuación actuación de A RODA.
22:00 Horas. GRAN VERBENA “FIN DE FESTAS”
Coas orquestras:
PARÍS DE NOIA e MANILA
Pódese descargar esta programación en pdf no seguinte vínculo: programa_carneiro_2013