DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar, a través da Secretaría Xeral de Política Social organiza o PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”- 2014, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas do Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2014 Ó 2 de xaneiro de 2015.
REQUISITOS:
PRAZO DE SOLICITUDE:
As solicitudes deberán presentarse antes do 15 DE NOVEMBRO DE 2014 na Oficina Municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
As persoas que desexen máis información e facer as correspondentes solicitudes poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público: luns, martes e xoves de 9:00 a 13 :00 horas.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: bando_xuntos_polo_nadal_2014