DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Secretaria Xeral de Política Social organiza o PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”- 2011, para persoas maiores que, valéndose por si mesmas e contando con escasos recursos económicos, non teñan con quen pasar o Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2011 Ó 1 de xaneiro 2012.
REQUISITOS:
– Ser maior de 65 anos ou pensionista maior de 60.
– Residir na Comunidade Autónoma Galega.
– Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidade infecto- contaxiosa.
– Non presentar trastornos psíquicos ou conductas que poidan alterar a
normal convivencia do grupo.
– Atoparse só/soa nas datas do Nadal.
– Ter un nivel de ingresos económicos baixo.
– Non estar residindo nun Centro para persoas maiores.
PRAZO DE SOLICITUDE:
As solicitudes deberán presentarse antes do 24 DE NOVEMBRO DE 2011, na Oficina Municipal de Servizos Sociais.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR:
– D.N.I. do solicitante actualizado e do cónxuxe, de ser o caso.
– Informe actualizado de convivencia.
Tódalas persoas que desexen máis infonnación e face-las correspondentes solicitudes, poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se comunica para xeral coñecemento.
Podes descargar este bando en formato pdf aquí: Xuntos Polo Nadal