Buscar...

Programa Vitalia

Compartir

Dona MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, Alcaldesa – Presidenta do Concello de Moraña
FAl SABER:
Que a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza o PROGRAMA
VITALIA ESTANCIAS TERAPÉUTICAS PARA MULLERES DIAGNOSTICADAS DE CANCRO.


Vitalia é un proxecto a plena recuperación das mulleres que sofren ou sufriron algún tipo de cancro (cáncer) a través de estanzas terapéuticas cun programa de actividades deseñadas especialmente para elas nun centro de descanso.
BENEFICIARIAS:
Mulleres diagnosticadas de cancro, que estean a tratamento ou que superasen a enfermidade recentemente e que non sexan repetidoras do programa.
As persoas interesadas teñen que pasar unha entrevista coa traballadora social da asociación AECC, xa que as prazas son limitadas.


CARACTERÍSTICAS DA ESTANCIA TERAPÉUTICA

  • Data: do 28 ao 31 de maio de 2012 (4 días)
  • Lugar: Residencia de Tempo Libre do Carballiño (Ourense).
  • Custo: O proxecto é gratuíto. As mulleres beneficiarias quedan na residencia, en réxime de pensión completa, durante os catro días, participando nunha serie de talleres especialmente deseñados para elas (charla con oncólogo, obradoiro de nutrición,
    obradoiro de autoestima, risoterapia, visitas guiadas, etc).

PRAZO DE INSCRIPCIÓN: ata o 27 de abril de 2012

Para máis información contactar coa Asociación Española contra o Cancro (Xunta Provincial de Pontevedra)
María Sanmartín Gulías
Traballadora Social AECC JP Pontevedra
C/Augusto Besada nº 9 entl. Pontevedra
986 865 220
pontevedra@aecc.es

Podedes descargar este bando en formato PDF aquí: vitalia.pdf

Deixa un Comentario

Accesibilidad