DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Instituto de Maiores e Servizos Sociais, convoca a concesión de prazas para pensionistas que desexen participar no “PROGRAMA DE TERMALISMO SOCIAL 2013”.
o desenvolvemento do Programa efectuarase en dous tumos de febreiro a agosto e de setembro a decembro cunha duración de 12 ou 10 días cada un.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentalas nas Oficinas Municipais do Concello:
_ Ata o día 16 DE XANEIRO DE 2013, os que desexen asistir no primeiro tumo de febreiro a agosto.
_ Ata o día 16 DE MAlO DE 2013, os que desexen asistir no segundo tumo de setembro a decembro.
Para mais información poden dirixirse ó Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: PROGRAMA TERMALISMO SOCIAL 2013