Buscar...

PROGRAMA LÚDICO-TERMAL

Compartir

NOTA INFORMATIVA

MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA,
TEN A BEN INFORMARLLE QUE:

O Concello de Moraña dende o departamento municipal de Servizos Sociais Comunitarios convoca a concesión de prazas para participar no PROGRAMA LÚDICO-TERMAL totalmente gratuíto para os veciños de Moraña que presenten algún tipo de discapacidade e este recoñecida polo equipo de valoración e orientación de discapacidades da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galica.
En lineas xerais consistiría en un circuíto lúdico- termal para beneficiarse dos beneficios terapéuticos que aportan as augas termais de Cuntis para a saúde.
O período de inscrición é do 10 ao 17 de decembro e poderá facelo no Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña, 10 de decembro de 2014
 
Pódese descargar esta nota no seguinte vínculo: programa-ludico-termal

Deixa un Comentario

Seguinte

Accesibilidad