DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS 2012”.
O desenvolvemento do Programa efectuarase nunha soa campaña cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollido:
* BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 69€
* SPA OCA GAlATEA DE SANXENXO: Custo Usuario 51 € * THALASO ATLÁNTICO OlA: Custo Usuario 61 €
* SPA NORAT MARINA DO GROVE: Custo Usuario: 48€
* BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TaXA: Custo Usuario:66 €
* BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 62 €
* BALNEARIO BAÑOS DE BREA DE VILA DE CRUCES: Custo Usuario: 52 € * SPA OCA KATIUSKA DE SILLEDA: 30€
* SPA TORRE DO DEZA DE LALíN: 29 €
REQUISITOS:
– Persoas de 50 ou máis anos.
– Pensionistas.
– Situacións de respiro familiar.
-Non padecer enfermidade incompatible coa actividad e do programa.
-Ter total autonomía para participar no mesmo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, poderán presentarse ATA O 26 DE XUÑO.
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 50 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Se puede descargar este Bando en pdf aquí: PROGRAMA DIURNO BALNEARIOS 2012