Buscar...

Programa Diúrno Balnearios – COIDARTE 2014

Compartir

BANDO

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE”, 2014″. O desenvolvemento do Programa efectuarase entre o mes de setembro de 2014 e antes do 31 de marzo do 2015, cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollído:
BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 71€
SPA OCA SPA MOAÑA: Custo Usuario 50 €
THALASO ATLÁNTICO OlA: Custo Usuario 64 €
SPA NORAT DO GROVE: Custo Usuario: 30€
BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA: Custo Usuario:70 €
BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 67 €
SPA TORRE DO DEZA DE LALíN: 19 €
REQUISITOS:
Persoas de 50 ou máis anos.
Pensionistas.
Situacións de respiro familiar.
Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
Ter total autonomía para participar no mesmo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente ( DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSiÓN) poderán presentarse A PARTIR DO 24 DE XUÑO E ATA O 23 DE XULLO .
NOTA: Darase prioridade aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 50 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de atención ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.

Se puede descargar este bando en formato PDF aquí: BALNEARIOS DIÚRNOS

Deixa un Comentario

Accesibilidad