D. JOSÉ A. EIRAS PAZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar aprobou o PROGRAMA ” ‘LECER E BENESTAR” ANO 2011 (Programa que sustituie ao Programa de Turismo Social).
MODALIDADES:
1.Individuais:
– Balnearios todo incluido, – Balneario so tratamento termal, – Intercambio e – Praia.
2. Asociacións de persoas maiores e persoas con discapacidade: – Coñece un Balneario e – Coñece un Camping.
Para poder ser beneficiario deste programa, deberase reuni-los seguintes requisitos:
Ser maior de 65 anos ou ser maior de 60 anos e pensionista.
Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
Non padecer trastornos mentais graves, nin enfermidade infectocontaxiosa.
Poder valerse por si mesmo.
Así mesmo poderán ir acompañados dos seus cónxuxes ou os que acrediten análoga á conyugal.
Aquelas parellas que celebren as súas VODAS DE OURO só terán que aboa-lo 50% do custo da praza.
• PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ANTES DO 15 DE ABRIL.
DOCUMENTACIÓN QUE TEÑEN QUE APORTAR:
*D.N.I. do solicitante, e no seu caso do conxuxe, e libro de familia, no caso de vodas de ouro.
Tódalas persoas que desexen máis información e face-las correspondentes solicitudes poden dirixirse as oficinas do Servizo Municipal Comunitario do Concello de 9 a 13 horas os días de atención ó público, luns, martes e xoves.
Podedes descargar este bando en formato PDF <a href=”http://www.morana.org/wp-content/uploads/2011/03/LECER-E-BENESTAR.pdf”>aquí</a>.