VENRES 06-07-2012
20:00 horas. INAUGURACIÓN DA EXPOSICIÓN “OS OBXECTIVOS DO MILENIO (2000-2015)”
A inauguración da exposición, que estará na Casa de Cultura durante todo o mes de xullo, será complementada coa charla explicativa Obxectivos de desenvolvemento do milenio: avanzamos ou retrocedemos?, a cargo de Roberto Mansilla Blanco.
SÁBADO 07-07-2012
18:00 horas. PARTIDO DE HORSEBALL
Coa colaboración da Asociación Ecuestre Cultural de Moraña. Na explanada situada detrás da Praza de Abastos teremos un partido de horseball entre a Asociación Ecuestre Cultural de Moraña e Cabaleiros do Salnés.
19:30 horas. EXHIBICIÓN DE BALLET
No patio traseiro da Casa de Cultura. Coa colaboración da ANPA do CPI Santa Lucía, actuarán as nenas que van a clases de ballet, xunto cun grupo de Meis e outro de Pontevedra.
DOMINGO 08-07-2012
22:30 horas. TEATRO
Os membros da Aula de Teatro do Concello de Moraña representarán a obra Hamlet na Casa de Cultura A. D. R. Castelao.
A entrada será gratuíta e para todos os públicos.
LUNS 09-07-2012
20:00 horas. OBRADOIRO DE CADROS DE AREA
Animádevos a participar, ensinarásevos a facer cadros con area de distintas cores e texturas. O obradoiro terá lugar os días 9, 11 e 13 de xullo. Haberá un número máximo de 15 participantes, maiores de 18 anos, que serán admitidos por orde de inscrición.
Para inscribirse, debedes facelo na Biblioteca Municipal ata o día 6 de xullo.
MARTES 10-07-2012
20:00 horas. PINTURA EN TEA
Obradoiro dedicado a facer camisetas, manteis, … coa técnica de pintura sobre tea. Para 15 persoas a partir de 18 anos. Realizaranse tres sesión: os días 10, 12, e 16 de xullo. Para inscribirse, debedes facelo na Biblioteca Municipal ata o día 6 de xullo.
SÁBADO 14-07-2012
11:00 horas. PAINTBALL
A Carballeira de Santa Xusta será o escenario das batallas con bólas de pintura durante todo o día (de 11:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 horas). Poderán participar rapaces a partir de 8 anos na categoría A; e maiores de 14 anos na categoría B. Prazas limitadas.
Para inscribirse, debedes facelo na Biblioteca Municipal ata o día 11 de xullo.
22:00 horas. ACTUACIÓN DO MONOLOGUISTA EVARISTO CALVO
Por sétimo ano consecutivo, e tras o éxito acadado outros anos, o Concello volve apostar polos espectáculos cargados de humor e ironía.
O coñecido actor Evaristo Calvo será este ano o encargado de facernos pasar unha sesión de diversión e entretemento co seu espectáculo O Turista Madrileño, na Casa de Cultura A. D. R. Castelao
DOMINGO 15-07-2012
10:30 horas. EXHIBICIÓN DE COCHES ANTIGOS
O Club Amigos dos Vehículos Antigos fará unha concentración de coches clásicos na Carballeira de Santa Lucía de 10:30 a 12:00 horas. Posteriormente percorrerán distintas parroquias do Concello, con parada para xantar no lugar de Rial. Finalizarán o percorrido coa exposición dos vehículos no Pazo da Toxeiriña.
LUNS 16-07-2012
16:30 horas. OBRADOIRO DE MÚSICA E EXPERIMENTACIÓN SENSORIAL
Para nenos e nenas de 2 a 8 anos.
Para inscribirvos, debedes facelo na Biblioteca Municipal ata o día 13 de xullo.
MARTES 17-07-2012
20:00 horas. PERCUSIÓN AFRICANA
Con este obradoiro terás a oportunidade de coñecer de preto a música africana a través do seu instrumento máis típico, o djembé. Se tes 15 anos ou máis e queres adentrarte nesta arte musical terás que inscribirte na Casa de Cultura A. D. R. Castelao ata o día 16 de xullo, xa que o obradoiro será os días 17, 18 e 20. Prazas limitadas.
VENRES 20-07-2012
20:00 horas. CONCURSO GASTRONÓMICO DO CARNEIRO
Neste concurso poderán participar todos os hostaleiros de Moraña. Ó remate teremos una actuación dos alumnos e alumnas do obradoiro de percusión africana xunto co grupo Omar Percussion Group.
SÁBADO 21-07-2012
20:00 horas. FESTIVAL FOLCLÓRICO
A música tradicional será a principal protagonista desta xornada, coa colaboración do grupo local de Música e Baile Tradicional Seixebra, que compartirá o escenario do patio traseiro da Casa de Cultura con outros dous grupos.
LUNS 23-07-2012
16:00 horas. TARDE DE XOGOS NA PISCINA
A Piscina Municipal será o escenario dunha tarde de xogos, na que haberá rollers, xogos cooperativos, xincanas deportivas e unha zona para nenos e nenas de 0 a 3 anos.
MARTES 24-07-2012
18:30 horas. FESTA INFANTIL
No patio traseiro da Casa de Cultura faremos una festa para os pequenos e non tan pequenos. Contaremos cun espectáculo de música, animadores, globoflexia e algunha sorpresa máis.
MÉRCORES 25-07-2012
16:00 horas. FINAIS DO XVI TORNEO DE TENIS
Este día xogaranse as finais das distintas categorías do torneo no Pavillón Municipal dos Deportes. Os partidos, como xa vén sendo habitual, celebraranse durante todo o mes de xullo.
18:00 horas. MILLA URBANA
A Rúa 7 de Santa Lucía acollerá un ano máis a tradicional Milla Urbana, na que te poderás inscribir nas seguintes categorías: de 0 a 6 anos, de 7 a 9 anos, de 10 a 12 anos, de 13 a 15 anos, de 16 a 18 anos, de 19 a 39 anos, de 40 a 50 anos e a partir de 51 anos (todas masculinas e femininas).
Lembra que hai trofeos para os tres primeiros clasificados e clasificadas de cada categoría, e medallas para todas e todos os que participedes.
As inscricións poderedes facelas ese mesmo día na liña de meta.
XOVES 26-07-2012
12:00 horas. CAMPIONATO DE NATACIÓN
A Piscina Municipal será o escenario no que se levará a cabo o tradicional campionato de natación no que poderedes participar nas distintas modalidades.
Podedes inscribirvos na piscina ese mesmo día.
20:00 horas. TEATRO MUSICAL
Na Praza do Concello, o grupo de teatro musical ANIMAR-T representará o espectáculo infantil “A Historia de Martín”.
VENRES 27-07-2012
10:00 horas. XII TORNEO DE BÁSQUET 3X3
Coa colaboración da Asociación Deportiva e Cultural Espeto, organizaremos un dos torneos máis importantes de Galicia, que acada a duodécima edición. Visitarán Moraña xogadores chegados dende as catro provincias, doutras comunidades e do norte de Portugal.
O torneo é moito máis que baloncesto: comida na Carballeira de Santa Lucía, concursos (mates e triplos), sorteos de roupa deportiva, videoxogos….
De 12:00 a 14:00 horas. Retransmisión en directo do programa de radio Así son las mañanas, da Cadena Cope, desde a Carballeira de Santa Lucía.
23:00 horas. VERBENA NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA
Coa actuación das orquestras:
CINEMA e BÁMBOLA
SÁBADO 28-07-2012
11:00 horas. MORAÑA COA VOLTA
A Festa da Bicicleta foi sempre unha das actividades con máis arraigamento entre os veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes. Por iso, a Carballeira de Santa Lucía será o lugar de encontro de todas as persoas, grandes e pequenos, que queirades acompañarnos a dar un paseo en bicicleta. Primeiro percorreremos as rúas do núcleo urbano acompañados do grupo de Música Tradicional Seixebra, para logo continuar visitando varios lugares do noso concello.
Repartiranse camisetas para todos os que participedes, ademais haberá un agasallo especial para o ou a participante de maior idade, outro para a familia máis numerosa e outro para a bicicleta máis orixinal.
13:00 horas. FEIRA DE ARTESANÍA
O Concello de Moraña organiza unha Feira de Artesanía, na que artesáns de Moraña e concellos limítrofes poderán amosar os seus traballos. A feira será o sábado e domingo.
23:00 horas. GRAN GALA CARNEIRO Ó ESPETO NA CARBALLEIRA DE SANTA LUCÍA
Coas actuacións de:
DAVID CIVERA
MUSICALES TVE
ASTAROT
ORQUESTRA
DOMINGO 29-07-2012
LUME DE CARBALLO
Ás 07:00 horas terá lugar o prendido do lume para o asado dos Carneiros ó Espeto.
De 10:00 a 14:00 horas. Pasacalles e actuación da AGRUPACIÓN DE BAILE TRADICIONAL E GRUPO DE PANDEIRETEIRAS SEIXEBRA de Moraña
A animación de rúa correrá a cargo da Charanga O´SANTIAGUIÑO
14:00 horas. ASIGNACIÓN DE LOTES
14:30 horas. EXTRAORDINARIO XANTAR DO CARNEIRO Ó ESPETO
Sobremesa amenizada pola Charanga O´SANTIAGUIÑO. A continuación actuación de TOM TROVADOR.
22:00 horas. GRAN VERBENA FIN DE FESTAS
Coas orquestras:
PANORAMA e AMERIKAN TOP
Pódese descargar este programa en formato pdf aquí: programa_carneiro_copia