Buscar...

Prestación Económica de Pago Único por Hijo/a Menor a Cargo

Compartir

BANDO
DONA. Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar, en base a Orde do 11 de marzo de 2014, convoca UNHA PRESTACIÓN ECONÓMICA DE PAGAMENTO ÚNICO POR FILLO/A MENOR A CARGO.
BENEFICIARIAS/OS:
Persoas que teñan o seu cargo fillos/ as menores de tres anos, nados entre 2-01-2011 e o 1-01-2014 e que, durante o ano 2012, nin eles nin ningún membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período.
REQUISITOS:

  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que á data da solicitude os nenos- as convivan co solicitante.
  • Que por razóns de ingresos obtidos durante o 2012, nin elas nin ningún membros da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a presentasen de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

DOCUMENTACIÓN NECESARIA:

  • D.N.I./ N.I.F. da persoa solicitante e do seu cónxuxe ou parella.
  • Fotocopia do libro de familia.
  • Certificado de convivencia de toda a unidade familiar.
  • Copia da sentencia de nulidade, separación ou divorcio, de selo caso.

PRAZO DE SOLICITUDES: antes do 26 de abril de 2014.
Para máis información e tramitación das axudas deberán acudir á oficina municipal do Servizo Social Comunitario do Concello, os días de atención o público (luns, martes e xoves), en
horario de 9 a 13 horas ata o 24 de abril.
Pódese descargar este bando en pdf aquí.

Deixa un Comentario

Seguinte

Accesibilidad