Buscar...

Talleres "Pensa en Tí" y "Ti tamén contas"

Compartir

BANDO

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Deputación Provincial de Pontevedra dentro dos seus programas de participación social, abre o prazo para todas aquelas persoas interesadas, que sen seren socios das diferentes asociacións participantes, e sempre que existan prazas vacantes, desexen participar nos diferentes obradoiros ofertados polos programas “Pensa en ti” e “Ti tamén contas”.
A base de datos cos obradoiros escollidos polas diferentes entidades e o concello ó que pertencen poderá consultarse na páxina web da Deputación www.depo.es. co fin de que as persoas interesadas poidan cursar a súa solicitude, así como as bases do programa.

O modelo de solicitude, deberán remitilo ó Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra.

As persoas participantes deben aboar seis (6) euros, que entregará o primeiro día de curso.
Cada obradoiro terá unha duración de trinta (30) horas, repartidas en dúas horas á semana. Ó remate deste entregarase un diploma acreditativo da boa execución do traballo de cada alumno.

O prazo estará aberto ata o día 22 de Agosto de 2014.

Se puede descargar este bando en formato PDF aquí: PENSA EN TI E TI TAMÉN CONTAS

Deixa un Comentario

Accesibilidad