Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña – Valga”, promovido polos Concellos de Moraña e Valga cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89% no programa operativo 2014 – 2020, deu comezo o pasado 16 de novembro . Nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Cunha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices reciben formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público.
Os 8 alumnos e alumnas da especialidade de forestais do obradoiro realizan prácticas formativas na súa especialidade de forestais e traballan en Moraña no acondicionamento e creación de dous sendeiros 1 e 2 que trascoren polas parroquias de Amil, Rebón, San Lourenzo, San Salvador de Saiáns, San Martín de Gargatáns e Pallota e Ponte Cornide. O obxectivo destas actuacións é recuperar os antigos camiños, e neste senso fan rozas e limpezas da propia ruta e dos ríos. Deste xeito as limpezas fanas por rozas manuais e mecánicas marcando un sendeiro para que os veciños poidan andar comodamente ó longo do seu percorrido. Están a facer unha roza selectiva eliminando as especies invasoras e tamén podas sanitarias.
O alumnado está a traballar na senda na parroquía de Rebón , a carón do Rego da castañosa e Rego Gundeiro e na zona das Laxes.
O alcalde de Moraña, José Cela visitou xunto coa directora do obradoiro , Mª Carmen Vidal, ao alumnado e docente e comprobou como as aprendizaxes adquiridas no obradoiro vense nas actuacións que estan realizando nesta obra.
Con esta actuación a veciñanza contará cunha senda adecuada para o desfrute da natureza e coñecemento dos enclaves paisaxísticos.
Moraña, 15 de abril de 2021
Síguenos en las Redes Sociales