Buscar...

O OBRADOIRO DE EMPREGO DE XÓVENES REFORMA A CASA DA CULTURA PARA MELLORAR A SÚA FUNCIONALIDADE

Compartir

AS OBRAS CONSISTEN EN CREAR ASEOS ADAPTADOS A MINUSVALIDOS E DÚAS AULAS MULTIFUNCIONAIS

Os 8 alumnos e alumnas da especialidade de albanelería do obradoiro avanzan nos traballos de redistribución interior da casa da cultura de Moraña. Así o edificio dotase de dous aseos con acceso para persoas con mobilidade reducida e dúas novas aulas multifuncionais.
Dotase a instalación de nova instalación eléctrica e de fontanaría e de instalación de redes de telefonía.
Levantaron os solados e alicatados existente e nestes días están rematando a colocación dos novos no corredor, nos aseos e nas aulas. Está previsto que realicen pintado interior, colocación de falso teito e illamento acústico nas aulas.
O alumnado traballa xa con autonomía e seguen combinado as actuacións prácticas e de obra coa teoría dos certificados de profesionalidade que lles están a impartir.
Estas actividades prácticas teñen como obxectivo que os alumnos adquiran as destrezas necesarios no oficio de cara a unha posterior inserción laboral.
O alcalde de Moraña, José Cela visitou xunto coa directora do obradoiro, Mari Carmen Vidal, ao alumnado e experto docente e comprobou como as aprendizaxes adquiridas no obradoiro vense nas actuacións que están realizando nesta obra.
O Obradoiro de Emprego “Xóvenes Moraña – Valga”, promovido polos Concellos de Moraña e Valga cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89% no programa operativo 2014 – 2020, deu comezo o 16 de novembro de 2020 . Cun investimento de 369.000 euros. Nel participan 16 mozos de entre 18 e 30 anos. Cunha duración de doce meses e consta de dúas especialidades formativas: forestal e albanelería. Os aprendices reciben formación teórica e ademais realizarán prácticas consistentes en obras de interese público

Seguinte

Accesibilidad