Buscar...

Lista Provisional de Personas Admitidas y de Espera para la Escola Infantil de Moraña para el Curso 2013-2014

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE PROVISIONAL DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOlA INFANTIl DE MORAÑA PARA O CURSO 2013-2014.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 11/12/2013 efectuou a pro posta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2013-2014.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOLVO
1. Facer pública a Iistaxe provisional de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2013-2014, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
2. Establecer a apertura do prazo de reclamacións de 10 días hábiles a partir do seguinte ao da publicación de stas Iistaxes no taboleiro de anuncios da Escola Infantil de Moraña, nas páxinas www.igualdadebenestar.org e www.escolasinfantis.net e no taboleiro de anuncios do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, de conformidade co previsto no artigo 18 anteriormente citado.
As reclamacións poderanse presentar dende o 20 de decembro de ata o 2 de xaneiro de 2014 ambos os dous incluídos na Escola Infantil en horario de mañá de 11.30 a 13.30 horas e en horario de tarde de 15.30 a 17.30 horas.
3. O Consello Escolar examinará as reclamacións presentadas, e fará a pro posta de resolución á Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar. Rematado este trámite, publicarase a Iistaxe definitiva de persoas usuarias admitidas e a Iistaxe de agarda confeccionadas por rigoroso orde de puntuación.
Santiago de Compostela, a 19 de decembro de 2013
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

Pódese descargar a listaxe provisional en pdf aquí: Lista_provisional_Moranha

Deixa un Comentario

Accesibilidad