Buscar...

LISTA DEFINITIVA DE PERSONAS ADMITIDAS Y DE ESPERA DE LA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA EL CURSO 2015 – 2016

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTA DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2015 – 2016
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a presente resolución que dá publicidade á dita lista, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto, RESOLVO

  1. 1Facer pública a lista definitiva de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2015 – 2016, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
  2. Establecer a apertura do prazo de matrícula, que terá lugar entre os días 1 e 10 de xuño ambos os dous incluídos. A matrícula formalizarase presencialmente na escola infantil en horario de 10:00 horas a 12:00 horas e de 15:00 horas a 16:00 horas.
  3. A non formalización da matrícula no prazo sinalado implicará ter por decaída a solicitude, de conformidade co previsto no artigo 11.5 da resolución da Xerencia de data 27.01.2015 que regula o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 xestionadas por esta entidade para o curso escolar 2015/2016.

Santiago de Compostela, a 29 de maio de 2015
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
 
Pódese descargar a lista definitiva no seguinte enlace: Lista_definitiva_Moranha

Deixa un Comentario

Accesibilidad