Buscar...

LISTA DEFINITIVA DE PERSONAS ADMITIDAS Y DE ESPERA DE LA ESCOLA INFANTIl DE MORAÑA PARA EL CURSO 2014-2015

Compartir

RESOLUCIÓN DA XERENCIA DO CONSORCIO GALEGO DE SERVIZOS DE IGUALDADE E BENESTAR POLA QUE SE FAI PÚBLICA A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS E DE AGARDA DA ESCOLA INFANTIL DE MORAÑA PARA O CURSO 2014-2015.
O Consello Escolar da Escola Infantil de Moraña na súa sesión de 16.05.2014 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias do dito centro para o curso 2014-2015.
A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de réxime interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia xestionadas polo Consorcio.
En atención ao exposto,
RESOVO

  1. Facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda da Escola Infantil de Moraña para o curso escolar 2014-2015, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.
  2. Establecer o prazo de matrícula do 28 de maio ao 10 de xuño, ambos os dous incluídos. A matrícula poderá formalizarse na escola infantila de Moraña en horario de 10:30 a 12:00 horas e de 15:30 a 16:30 horas.

De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas ou non se presentase toda a documentación requerida, decaerá o dereito a praza obtida, segundo establece o artigo 19.4 do dito Regulamento.
Santiago de Compostela, a 27 de maio de 2014
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar
 
Pódese consultar a listaxe no seguinte vínculo: Lista_definitiva_Moranha

Deixa un Comentario

Accesibilidad