Buscar...

Juntos por Navidad 2016

Compartir

BANDO DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA FAI SABER:

Que a Consellería de Política Socialr, a través da Dirección Xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade organiza o PROGRAMA “XUNTOS POLO NADAL”- 2016, para persoas maiores que, valléndose por si mesmas vivan soas e non teñan con quen pasar estas datas do Nadal.
DATAS DE CELEBRACIÓN: Do 23 de decembro de 2016 ó 2 de xaneiro de 2017.
REQUISITOS:

  • Ter 60 anos, cumpridos no momento en que remate o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar empadroado no concello e vivir no seu domicilio.
  • Valerse por si mesmo/a e non padecer enfermidade infecto- contaxiosa activa nin trastornos mentais ou condutuais non compensados que poidan alterar a convivencia.

CUSTO DA PRAZA: Os que teñan uns ingresos inferiores a 532,51€/m, asistirán de forma gratuíta ao programa, mentres que aquelas cuns ingresos superiores a dito importe contribuirán ao pago da estancia coa achega de 50€.
PRAZO DE SOLICITUDE: As solicitudes deberán presentarse antes do 23 DE NOVEMBRO DE 2016 na Oficina Municipal de Servizos Sociais Comunitarios.
As persoas que desexen máis información e facer as correspondentes solicitudes poden dirixirse ás Oficinas Municipais do Servizo Social Comunitario, os días de atención ó público: luns, martes e xoves de 9:00 a 13 :00 horas.
 
O que se comunica para xeral coñecemento.

Deixa un Comentario

Seguinte

Accesibilidad