Buscar...

INFORMACIÓN PROXECTO LAORA 2020

Compartir

O Proxecto Labora 2020 está cofinanciado polo Fondo Social Europeo a través do Programa Operativo de Emprego, Formación e Educación no que se impartirán 11 itinerarios formativos conducentes á obtención de certificados de profesionalidade ou competencias clave nivel 2 en distintas localidades da provincia de Pontevedra.

As acción formativas do proxecto labora desenvolveranse en dúas fases. Para a primeira fase de formación os itinerarios que se van a desenvolver son as que se achegan nesta imaxe:

As persoas destinatarias dos itinerarios formativos do proxecto serán persoas desempregadas, inscritas como demandantes de emprego nos servizos públicos de emprego, que pertenzan a colectivos vulnerables. Considéranse vulnerables os seguintes colectivos:

 

  • Persoas desempregadas de longa duración (PLD)
  • Mozas e mozos menores de 30 anos non atendidos no Programa Operativo de Emprego Xuvenil (POEX)
  • Persoas maiores de 55 anosPersoas con discapacidade
  • Inmigrantes
  • Minorías étnicas e comunidades marxinadas
  • Outros colectivos desfavorecidos: persoas que viven en fogares compostos dunha única persoa adulta con fillas ou fillos ao seu cargo; persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en materia de vivenda; vítimas de violencia de xénero, vítimas de discriminación por orixe racial ou étnico, orientación sexual e identidade de xénero; solicitantes de asilo; persoas con problemas de adicción; persoas reclusas e ex reclusas; persoas perceptoras de rendas mínimas ou salarios sociais; persoas con fracaso ou abandono escolar
  • Outras persoas en situación de vulnerabilidade acreditada por un informe dos servizos sociais

 

Para poder participar as persoas interesadas deberán:

 

Deixa un Comentario

Accesibilidad