Hoxe 7 de abril, DÍA MUNDIAL DA SAÚDE, dende o Concello de Moraña queremos incidir na importancia de construír un mundo máis xusto, saudable e sostible. Nesta mesma dirección, a Organización Mundial da Saúde (OMS) aproveita este día para resaltar, en todo o mundo, a importancia de tomar medidas urxentes que permitan manter a saúde dos seres humanos e do planeta, creando sociedades de benestar sostibles.
“O NOSO PLANETA, A NOSA SAÚDE”
Dentro do Proxecto de Prevención de Condutas Adictivas no eido local dos Concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, en colaboración coa dirección Xeral de Saúde Pública (Consellería de Sanidade), conmemórase dito día, publicando e entregando nos centros educativos dos cinco concellos o Díptico do Día Mundial da Saúde e os Lapiceiros saudables. Así como, inaugurando en cada concello as EXPOSICIÓNS DA SAÚDE, a través delas o alumnado de 1º e 2º EP resalta hábitos e estilos de vida saudable que permiten reducir a incidencia de enfermidades e mellorar a nosa saúde física, psicolóxica e social. (Barro: CEIP Amor Ruibal, Cuntis: Biblioteca Roberto Blanco Torres, Moraña: Casa da Cultura A.D.R. Castelao, Campo Lameiro: Dependencias do Concello de Campo Lameiro). Convidamos a toda a ciudadanía a visitar as mesmas ao longo de todo o mes de abril.
Síguenos en las Redes Sociales