Os 16 alumnos/as do Obradoiro de Emprego Xóvenes Moraña – Valga pertencente ós concellos de Moraña e Valga, 8 alumnos da especialidade de albanelería e 8 de forestais reciben a formación complementaria en Sensibilización en Igualdade de oportunidades. Trátase esta formación de complementaria aos oficios que están a aprender durante o proxecto. É una formación de 10 horas de duración que é impartida pola técnicas do concello de Valga: Samantha Bandín López. O obxectivo desta formación é coñecer os diferentes plans e políticas institucionais para a loita contra a discriminación laboral, tomar consciencia sobre o problema social da violencia de xénero e coñecer as políticas, programas e medidas preventivas e recursos existentes para actuar contra esta violencia. Coñecer que é a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes para poder contribuír o desenvolvemento da sociedade a través do acceso en condicións de igualdade ó mercado laboral.
Esta formación foi impartida ó mesmo tempo que reciben a formación específica en cada especialidade e traballan nas obras.
O obradoiro de emprego iniciou o 14 de novembro de 2020 ten unha duración de 12 meses e está cofinanciado polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 % no programa operativo 2014 – 2020
Síguenos en las Redes Sociales