O Concello de Moraña vai continuar durante o curso 2014-2015 (outubro-maio) coa ESCOLA DE IDIOMAS para impartir inglés, francés e alemán (sempre e cando se faga un grupo) de cara a potenciar a formación en idiomas entre a poboación local, xa que o nivel de coñecemento doutros idiomas no noso país non alcanza os estándares que se dan noutros lugares de Europa.
Esta escola de idiomas vai dirixida tanto a nenos/as como a adultos.
O WATERFORD CENTRO DE IDIOMAS, responsable da impartición, conta cunha grande experiencia na docencia, sendo examinador oficial de Trinity College London, e preparando ós alumnos para a obtención dos certificados PET, FIRST, ADVANCED e PROFICIENCY de Cambridge University. Estes exames avalían o nivel das habilidades tanto orais coma escritas do alumnado e están recoñecidos en todo o mundo, polo que os nenos poden presentarse a estes exames a partir dos 7 anos no caso de Trinity College e máis adiante no caso de Cambridge University. Así mesmo, ao remate do curso escolar o Centro expedirá un diploma.
En canto ao horario, os grupos ter_n horarios de tarde/noite de acordo coa demanda.
Para máis información ou inscricións podedes dirixirvos á Biblioteca Municipal en horario de 10:00 a 13:00h. e de 16:00 a 21:00h.