Buscar...

Curso de Cestería

Compartir

Dona María Luisa Piñeiro Arcos, alcaldesa – Presidenta do Concello de Moraña,
Fai saber:
Que a Deputación Provincial de Pontevedra a través do PROGRAMA ACTÍVATE 2014 concedeulle ó Concello de Moraña un curso gratuíto de acción formativa: ” CESTERÍA”, de 40 horas, destinado a mozos e mozas de 16 a 35 anos (ambos os dous incluídos).
Todas aquelas persoas interesadas en asistir ó curso poderán presentar a súa solicitude no Departamento Municipal de Servizos Sociais Comunitarios do Concello ata o día 14 de agosto de 2014.
As persoas que non cumpran o requisito de idade poderán, así mesmo, cursar a solicitude pasando a formar parte da lista de agarda que será utilizada no caso de quedar prazas vacantes.
Moraña, 17 de Xullo de 2014-
 
Pódese descargar este Bando neste vínculo: Bando- Curso-Cesteria

Deixa un Comentario

Accesibilidad