Buscar...

Concurso Literario Mulleres que Inspiran

Compartir

Con motivo do Día internacional  da Muller, o Concello de Moraña convoca o Concurso Literario “Mulleres que inspiran”. A temática do certame parte da exposición “Historias de amor”, exposta na Carballeira de Santa Lucía. A  mostra, propón unha reflexión  a través da vida de doce mulleres que  transcenden nos seus proxectos vitais a perspectiva romántica habitual do amor. Nesta contorna estimulante do noso pobo-  entre a natureza, a arte e a presenza de vidas orientadas á comunidade- convidamos  a tódalas persoas a disfrutar  das quince pezas que forman a exposición  e a deixarse inspiran por estas personalidades extraordinarias para participar no certame literario e gañar un dos premios.

Podedes ver a Exposición no seguinte enlace: Presentación expomoraña historias de amor

E aquí vos deixamos as bases do Concurso: BASES RELATO MULLER

Seguinte

Accesibilidad