DONA . Mª LUISA PiÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Consellería de Traballo e Benestar, ten aberto o prazo de inscrición para
participar nos CAMPAMENTOS DE VERÁN PARA PERSOAS CON DISCAPACIDADES 2012. Co obxecto de procurar a integración social de rapaces/as con discapacidade mediante a súa participación nos campamentos de verán e campos de traballo a través de quendas de integración, así como a súa participación en quendas específicas.
REQUISITOS:
O PREZO para participar neste programa de vacacións será de 72 € ata 201,60€, dependendo do tipo de queda de integración e 124€ para as quendas específicas.
PRAZO DE SOLICITUDES:
* Ata o día 31 DE MAlO DE 2012 PARA PRAZAS DE INTEGRACIÓN.
* Ata o día 14 de XUÑO DE 2012 PARA PRAZAS ESPECÍFICAS.
Para máis información dirixirse ao Servicio Social Comunitario do Concello, os días de atención ao público: luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: CAMPAMENTO VERAN PERSOAS CON DISCAPACIDADE