Hoxe dende o Concello de Moraña fíxose entrega, seguindo todos os protocolos sanitarios, dos CALENDARIOS SAUDABLES 2021 no CPI Sta. Lucía de Moraña. Con eles, dende o Proxecto de prevención de condutas adictivas no eido local de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, e como complemento doutras actividades de promoción de hábitos saudables e prevención das condutas adictivas que se realizan dende inicios do curso escolar 2020/2021 no ámbito escolar, preténdense fomentar hábitos de vida saudable e previr futuras condutas adictivas entre o alumnado dos cinco concellos. Perseguindo así, potenciar un importante factor de protección como é a concienciación sobre a importancia da propia saúde e da saúde da comunidade en xeral. Dando deste xeito prioridade, como non pode ser doutra forma, e máis no momento actual ao fomento de políticas de Saúde Pública.
XUNT@S CONSTRUÍMOS SAÚDE
Podédelo descargar no seguinte enlace: CALENDARIO SAUDABLE 2021
Síguenos en las Redes Sociales