Buscar...

BANDO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS "COIDARTE" 2014

Compartir

BANDO

DONA MARíA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Deputación Provincial en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar na segunda Campaña do “PROGRAMA DIURNO DE BALNEARIOS “COIDARTE”, 2014“.
O desenvolvemento do Programa efectuarase entre o mes de decembre de 2014 e antes do 31 de marzo do 2015, cunha duración de cinco días da semana seguidos durante dúas horas cada día, voltando á súa casa ó final da actividade. Un autobús recollerá as persoas no Concello trasladándoas ó balneario escollido:

  • BALNEARIO TERMAS DE CUNTIS: Custo Usuario 71€
  • SPA OCA SPA MOAÑA: Custo Usuario 50 €
  • THALASO ATLÁNTICO OlA: Custo Usuario 64 €
  • SPA NORAT DO GRaVE: Custo Usuario: 30€
  • BALNEARIO HESPERIA ILLA DA TOXA: Custo Usuario:70 €
  • BALNEARIO DE MONDARIZ:Custo Usuario: 67 €
  • SPA TORRE DO DEZA DE LALÍN: 19 €

REQUISITOS:

  • Persoas de 50 ou máis anos.
  • Pensionistas.
  • Situacións de respiro familiar.
  • Non padecer enfermidade incompatible coa actividade do programa.
  • Ter total autonomía para participar no mesmo.

As solicitudes, xunto coa documentación correspondente (DNI E/OU CERTIFICADO DE PENSiÓN) poderán presentarse ATA O 27 DE NOVEMBRO .
NOTA: Darase prioridad e aos que nunca se beneficiaran deste programa.
Farase a selección segundo orde de recepción en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas (TOTAL MÁXIMO 42 PRAZAS).
Non se admiten acompañantes que non cumpran os requisitos esixidos.
Para mais información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais Comunitarios do Concello, os días de ate.,nción ó público, luns, martes e xoves de 9 a 13 horas.
Pódese descargar este bando en formato PDF aquí: Coidarte-2014
bando
 

Deixa un Comentario

Seguinte

Accesibilidad