Buscar...

BANDO: Programa DEPO AVENTURA A LANZADA, 2018

Compartir

DONA MARIA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:

Que a Deputación Provincial , a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude convoca a concesión de prazas para participar no “Programa DEPO AVENTURA A LANZADA, 2018” durante os meses de xuño a setembro, en once quendas de sete días, dende o 24 de xuño ata o 8 de setembro.

REQUISITOS:

  • Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio no Concello de Moraña.
  • Que naceran entre os anos 2005 e 2010 ambos os dous incluídos.
  • Non padecer enfermidade infecto- contaxiosa en fase activa.

PREZO: 100 euros por praza.
Os membros de familia numerosa, coa correspondente acreditación terán un desconto do 20% no prezo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, que aparece na páxina web da Deputación(www.depo.es) poderán presentarse mediante formulario web ata o día 27 DE MARZO DE 2018, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra. (Avda.Montero Ríos, s/n).
Para máis información poden dirixirse ás oficinas do Concello dende as 9:00 ata as 13: 00 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.

Deixa un Comentario

Accesibilidad