Que a Deputación Provincial , a través do Servizo de Cohesión Social e Xuventude, en colaboración co Concello de Moraña convoca a concesión de prazas para participar no “Programa DEPO AVENTURA A LANZADA, 2016″ durante os meses de xuño a setembro, en once quendas de sete días, dende o 26 de xuño ata o 10 de setembro. (A realización da derradeira quenda queda condicionada á data de comezo das clases do próximo curso escolar).
REQUISITOS:
– Rapaces e rapazas que teñan o seu domicilio no Concello de Moraña. – Que naceran entre os anos 2003 e 2008 ambos os dous incluídos.
PREZO: 83,60 euros por neno- a.
Os membros de familia numerosa, coa correspondente acreditación terán un desconto do 20% no prezo.
As solicitudes, xunto coa documentación correspondente, que aparece na páxina web da Deputación(www.depo.es) poderán presentarse mediante formulario web ou formulario impreso ata o día 8 DE ABRIL DE 2016, no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra. ( Avda. Montero Ríos, s/n).
Para máis información poden dirixirse ás oficinas do Concello dende as 9:00 ata as 13:00 horas.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Morañal 15 de marzd de 2016