Buscar...

BANDO: Plazo de Matrícula Escola de Música 2020

Compartir

BANDO

DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA. FAI SABER:

Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2020-2021 da Escola de Música Municipal de Moraña.

A matrícula deberá facerse no Concello en horario de 9 a 14 horas.

O prezo será o seguinte:

  • Matrícula por curso escolar: 50 Euros.
  • Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento (Dúas clases semanais de 45 minutos cada unha): 20 Euros.
  • Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.

As clases de instrumento constarán de:

Unha clase colectiva semanal de linguaxe musical, cunha duración de hora e media. Unha clase colectiva semanal de conxunto instrumental, cunha duración dunha hora. Unha clase individual de instrumento que será de 30 minutos para os menores de 8 anos, 45 minutos para alumnos de 8 a 11 anos e unha hora para os maiores de 11 anos.

PRAZO PARA MATRICULARSE: Do 25 de xuño ó 17 de xullo. Prazas limitadas.

Para máis información poden dirixirse á biblioteca ou chamar ó teléfono 986 55 28 09.

O que se fai público para xeral coñecemento.


Descarga este BANDO en formato PDF

Descarga o impreso de matrícula

Seguinte

Accesibilidad