BANDO
DONA MARÍA LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que a Deputación de Pontevedra, oferta 50 prazas, a través do proxecto de inserción sociolaboral aQuelando3, cofinanciado polo FSE, a posibilidade de realizar prácticas non laborais nas seguintes especialidades formativas:
- Atención sociosanitaria a persoas dependentes en instiitucións sociais
- Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
- Dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil
As prácticas terán unha duración de 200h, a participación é gratuíta e as persoas participantes poderán ter dereito a percibir unha bolsa de formación.
Requisitos para a participación:
- Estar inscrito como demandante de emprego nas oficinas do SPEG (Servizo Público de Emprego de Galicia)
- Estar empadroado nalgún concello da provincia de Pontevedra (a excepción das persoas empad roadas nos concellos de Vigo e Pontevedra, por ter estes concellos proxectos propios)
- Ter formación regrada ou ocupacional, de cando menos 300 h. teóricas relacionadas cas especialidades formativas nas que se queren realizar as prácticas no caso de Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais e Dinamización de actividades de tempo libre infantil e xuvenil
- Ter formación regrada ou ocupacional, de cando menos 200 h teóricas rel!acionadas coas especialidades formativas nas que se queren realizar as prácticas no caso de Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais
As persoas interesadas que cumpran cos requisitos pasarán por un proceso de selección realizado polo persoal técnico do proxecto aQuelando3.
As persoas interesadas poden inscribirse a través de:
A páxina web da Deputación: www.depo.es
O teléfono: 986804100, ext: 41217-41215-41226- 41263.
O email: aquelando@depo.es
Moraña, 31 de maio de 2013
A alcaldesa
María Luisa Piñeiro Arcos
Pódese descargar este bando en formato pdf aquí: FORMACIÓN PRÁCTICA NO MARCO DO PROXECTO AQUELANDO 3