BANDO
DONA Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE MORAÑA.
FAI SABER:
Que o Concello de Moraña abre o prazo de matrícula para o curso 2017-2018 da Escola de Música Municipal de Moraña.
A matrícula deberá facerse no concello en horario de 9 a 15 horas.
O prezo será o seguinte:
- Matrícula por curso escolar: 50 Euros.
- Mensualidades para os nenos e nenas de Música e Movemento(Dúas clases semanais de 45 minutos cada unha): 20 Euros.
- Mensualidades para os nenos e nenas de Instrumento: 40 Euros.
- As clases de instrumento constarán de:
- Unha clase colectiva semanal de linguaxe musical, cunha duración de hora e media.
- Unha clase colectiva semanal de conxunto instrumental, cunha duración dunha hora.
- Unha clase individual de instrumento que será de 30 minutos para os menores de 8 anos, 45 minutos para alumnos de 8 a 11 anos e unha hora para os maiores de 11 anos.
PRAZO PARA MATRICULARSE: Do 29 de xuño ó 15 de xullo.
Prazas limitadas.
Para máis información poden dirixirse ó concello ou chamar ó teléfono 986 55 30 05.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Moraña, 16 de xuño de 2017
A ALCALDESA
Mª LUISA PIÑEIRO ARCOS
Deixamos aquí toda a documentación para a matriculación: MATRICULA 2017-2018