Buscar...

Ayudas para Iluminación Interior

Compartir

AXUDAS DIRIXIDAS A MELLORAR A EFICIENCIA ENERXÉTICA DAS INSTALACIÓNS DE EQUIPAMENTOS DE ILUMINACiÓN INTERIOR

D. JOSÉ EIRÁS PAZ ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE MORAÑA FAI SABER QUE

O INELGA convocou axudas dirixidas a mellorar a eficiencia enerxética das instalacións de equipamentos de iluminación interior existentes que se renoven de forma que cumpran, polo menos, coas exixencias mínimas que fixa o Código técnico da edificación (HE3), reducindo o consumo de enerxía, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Beneficiarios:
– Entidades colaboradoras: as entidades privadas con personalidade xurídica, validamente constituídas, así como os empresarios individuais sempre que teñan o seu domicilio social ou algún centro de traballo en Galicia e que acrediten as condicións de solvencia técnica e económica que se establecen.
– Beneficiarios da axuda: as comunidades ou mancomunidades de veciños, as persoas físicas e xurídicas de dereito público ou privado (propietarios de vivendas ou edificios do sector terciario, empresas de servizos enerxéticos, empresas municipais da vivenda, … ) sempre que a actuación subvencionable se realice en vivendas, edificios de viven das ou edificios terciarios da súa titularidade sitos en Galicia.
Prazo de presentación de solicitudes: Para as entidades colaboradoras: ata o 05/03/2011. Para os beneficiarios da axuda: ata o esgotamento de crédito
Para mais información pódese acudir ó Concello de Moraña ou chamar por teléfono o número 986 55 30 05
Moraña, 17 de xaneiro de 2011.
Podes ver este bando en PDF aquí.

Deixa un Comentario

Accesibilidad